Os turismos actuais contan cun catalizador no tubo de escape. É un "dispositivo que mediante reaccións químicas transforman, gases tóxicos ou noxentos noutros que non o son". ¿Por qué non facer o mesmo nas chemineas das fábricas?
A proposta é ben sinxela, un catalizador xigante para as chemineas que desprenden fumes tóxicos; non os transforma en fumes no tóxicos, se non en menos tóxicos. E posto que a capa de ozono resíntese polo desprendemento deste fume noxento, fagamos que as consecuencias sexan menos gráveis, tanto para nós, como para o que nos rodea.