TellaCeibe

Xoves, 29 de Xuño de 2006.

♥ Polos opostos.

Todo, neste mundo, ten o seu polo oposto.
Pensádeo. Satán, ten a Deus. A esquerda, ten a dereita. O frío, o calor. A noite, o día. O auga, o lume. O Dépor, ó Celta. A vida, a morte...


Paseando a miúdo pola rede, atópaste blogs de todo curte social, político ou, simplemente, diarios máis que persoais, e isto non ten máis que un nome que é liberdade de medios, ou, como queirades chamarlle, liberdade de expresión.
A estas alturas, podo dicir que, si, tellaceibe, seguindo o curso da natureza, tamén ten o seu polo oposto xD.
Se non queres visitar a páxina, ou se realmente te equivocaches, dalle á X de pechar -no marxe superior dereito da túa ventá ejem- e non vaias a "comentarios", clikees o teu nome, o teu enlace e nos chames paranoicos (creo que era máis sinxelo o de darlle á X, pero cada un...). Se realmente querías deixar só o teu enlace, pouco che custaba escribir "visitad mi página tal" ou "entrad en tal". Pero mira, conseguiches o que querías, que visitaramos a túa páxina, onde podemos ler: "adoro mi tolerancia (sobretodo al leer blogs de gente que por sus ideas me caen mal bla bla)", e á dereita, un enlace da páxina da fundación Francisco Franco... É como se Adolf Hitler dese clases de ética.
Pero moi ben, tolerancia, ¿non? aquí de tolerancia imos sobraos, pero se tellaceibe che cae mal por ser unha páxina de curte galeguista, es ti, quen primeiro, non toleras que eu pense que Galiza é a miña terra e non un país que nunca, nin nos tempos de Franco, era "una, grande y libre".
Por certo, benvidos á Re-Nova Tellaceibe! sorriso
Deixade a vosa opinión sobre o artigo nos comentarios.correcto

Comentarios