TellaCeibe

Venres, 30 de Xuño de 2006.

♥ TellaTuboS: Do primeiro Tubo e do que nunca desexamos ter que facer.


Pois a verdade é que non creo que poida haber maneira peor de comezar cos tubos, pero asi habia que face-lo.
Por certas cousas o gran progama Zapping dunha canle radiofonica que non nomearemos tivo que deixar as ondas sen ter a oportunidade de despedirse.
Agora, sabemos que os conductores do mesmo argallaron unha festa para poder quitarlle o mal sabor que deixaron coa súa forzada desaparición os fans deste boisimo programa que foi a vez, inspiración de algunha (ou moitas) das novas seccións que propoñemos nesta RenoVada TellaCeibe.

Eiquí, un exemplo do ben que o pasa a xente nas festas que estes argallan.


Só unha cousa máis, VEMONOS O VENRES,Bandeira
CorazonciñosZAPPING SEMPRECorazonciños. IIIEESS.

♥ Nomes do MSN: (Do 1 ao 5).

A seguinte lista contén nomes, canto menos "curiosos", que a xente, concretamente os contactos de Tellaceibe@msn.com e os dos seus colaboradores, empregaron algunha vez. Estes poden vir cunha pequena explicación ou comentarios que lle proboquen o colaborador que as publique.
Por norma, non se revelarán os enderezos dos contactos empregados a non ser por petición especifica.
Asi pois, se algun dos contactos referidos non está de acordo en aparecer nesta sección só ten que facer-no-lo saber.
Moitas graziasBandeira.



Nome: "O se folla o se tiene la virgo" Jano, jefe de cocina del playa (de muy mala leche)
Sobrenome: no es normal lo que os voy a echar de menos, los jueves fiesta,eh??
- Sen comentarios...shokeao


Nome: (Iván): En obras!!!
- Pois cando acabe coas obras xa o veremos por eiqui publicando¿?


Nome: ((Pon1Duscher en tu vida *babas, babas*))
- Só dicir que ... pero que asco ....


Nome: -Ce- Ghib- *dôa*- Mortadelaaaaa,Filete, filete, Mortadela, Filete con patatas ... (notamusical) // que cerdos, que asco, que hijos de p***
Sobrenome: ñañañaña
- E que hai algúns que non se sabe por onde colle-los.Bailando


Nome: Todo el peso y fuerza de un machete, pero más compacto
- ...


¿Cál cres ti que é o mellor nick desta semana?
Decideo nos comentários.correcto

Xoves, 29 de Xuño de 2006.

♥ Polos opostos.

Todo, neste mundo, ten o seu polo oposto.
Pensádeo. Satán, ten a Deus. A esquerda, ten a dereita. O frío, o calor. A noite, o día. O auga, o lume. O Dépor, ó Celta. A vida, a morte...


Paseando a miúdo pola rede, atópaste blogs de todo curte social, político ou, simplemente, diarios máis que persoais, e isto non ten máis que un nome que é liberdade de medios, ou, como queirades chamarlle, liberdade de expresión.
A estas alturas, podo dicir que, si, tellaceibe, seguindo o curso da natureza, tamén ten o seu polo oposto xD.
Se non queres visitar a páxina, ou se realmente te equivocaches, dalle á X de pechar -no marxe superior dereito da túa ventá ejem- e non vaias a "comentarios", clikees o teu nome, o teu enlace e nos chames paranoicos (creo que era máis sinxelo o de darlle á X, pero cada un...). Se realmente querías deixar só o teu enlace, pouco che custaba escribir "visitad mi página tal" ou "entrad en tal". Pero mira, conseguiches o que querías, que visitaramos a túa páxina, onde podemos ler: "adoro mi tolerancia (sobretodo al leer blogs de gente que por sus ideas me caen mal bla bla)", e á dereita, un enlace da páxina da fundación Francisco Franco... É como se Adolf Hitler dese clases de ética.
Pero moi ben, tolerancia, ¿non? aquí de tolerancia imos sobraos, pero se tellaceibe che cae mal por ser unha páxina de curte galeguista, es ti, quen primeiro, non toleras que eu pense que Galiza é a miña terra e non un país que nunca, nin nos tempos de Franco, era "una, grande y libre".
Por certo, benvidos á Re-Nova Tellaceibe! sorriso
Deixade a vosa opinión sobre o artigo nos comentarios.correcto

♥ EvoluZamenToS: Pel con protección solar.

¿Que lles parecería non ter que gastar máis os cartos nas merdas dos potingues de cremas solais que eixisten na actualidade?
Isto poderiase conquerir se o ser humano levase de série unha pel con protección solar incorporada.


Pero o bon de verdade seria poder regular esa protección. Por exemplo, para os nenos poriase-lles un sistema de seguranza con factor adeacuado e automático e xa para os adultos estaria ben poder autoregularse así mesmo a protección.
Asi os primeiros dias de sol tenriamos que usar un factor maior e despois ir reducindo con forme fose pasando o tempo. Ademais acabarian-se as dúvidas de que crema usar segundo a pel xa que cada un regulariase como lle conviñese.
¿Qué opinas do EvoluZamenTo? Deixa unha mensaxe nos comentarios.correcto

♥ RoubadoS: Do primeiro Roubado e do que nunca desexamos facer.

Podemos resultar un pouco cansinos con isto toda esta semana pero é que ZappinG foi inspiración de moitaS das sección de RenoVa TellaCeibe e creemos que estamos un pouco en debeda con eles.
Así que o primeiro Roubado só podía ser este, ainda que polo que significa ten algo de agridoce.



Gracias a deus que existe un segundo comunicado máis agradabel--->http://www.Palpicor.com

Mércoles, 28 de Xuño de 2006.

♥ TellaXogoS: De destrozar paredes coa cabeza.

Para comezar esta sección un xogo de destrozar paredes, non e moi complicado pero hai que collerlle o punto.

XOGAR - DEIXAR de Xogar



Notas sobre o xogo:
- Para os Zapiñeiros podedes pensar que o que estades a romper son a vidrieiras de RadioVozmerda de PC.
- Para os que seguen ben os ritmos, din por algúns sitios que o xogo se pode gañar sen parar de pulsar o rató e cos ollos pechados, atopando a duración da secuencia exacta e tendo tino de non pulsar nin antes nin despois.
¿Qué vos pareceu o xogo? Deixade comentario.correcto

♥ Tella FraSeS: De curas e comida.

· "Parecemos curas, aquí non fala ni Dios"

Frase propiedade de Isra que só se pode escoitar á hora da comida en TellaComerrrg. A ausencia desta frase na mesma, pode probocar malestar xeral e unha dixestión problemáticaoinss.

Martes, 27 de Xuño de 2006.

♥ Eu querote.... simplemente iso.

Eu querer tú amoorCorazonciñosSe pode dicir máis alto pero non máis claro.E-mail
Chuvia de amor Catro anos no paradiso.Chuvia de amor

♥ TellaTubo de comezo.

Comezamos mudando completamente todo o que un espera dunha sección chamada tubos, comezamos cun videogoogleplaff.



A verdade é que debe ser un dos primeiros TuboS que ollei e pensei que habia que ensinarllo aos demáis para que puideran desfrutar del. Esta é no fondo a causa de que exista esta secciónghighi.

Falando xa máis do Tubo en sí, só hai que dicir varias grandes verdades innegabeis.
A primeira e que a xente aburrese moito.
A segunda é que os asiaticos son do que non hai (e se non o creedes de todo xa o poderedes comprobar en futuros TuboS).
E por último, ¿son eu o único que pensa que estes do video debían estar nun programa tipo ¿Que apostamos? e dun momento a outro aparecerá Ana Obregón a quitarlles plano os rapazes estes?ruborizo
¿VÓS que opinades? Deixade comentario.correcto

♥ MomenToS Tella (Do 1 ao 5).

MOU:"Primero subía pa´rriba y luego subía pa´bajo"oopss


Isra: "Florentino Fernadez"
(por Florentino Perez)nonmefodas....


Cañás: "Eh, ¡echale falta!"
(nun partido do Depor querendo dicir : "votalle tarxeta")shokeao.


MOU: "¿Jugamos al Liss Pro?"
(dicindo todo cheo de razón e querendo dicir: Xogamos o ISS Pro)oinss


Iván: "Mira lo que tengo, ¡Catacá!!!"
(xogando ás cartas cun cabalo na man querendo imitar o son do mesmo, tamén recoñecido anteriormente coma o son correspondente a Tacatá)amoss.

Luns, 26 de Xuño de 2006.

♥ Atxurizamento 1º: ¿Por qué ás lesbianas se lles chaman "tortilleras"?

Pois, por como por todos é moi ben sabido, as lesbianas son as mulleres que se sinten atraídas sexual e psiquicamente polas persoas do seu mesmo sexo, é dicir, as mulleres neste caso.





A conclusión indirecta que sacamos desta definición é que non sinten nada especial polo sexo masculino.
¿Cales son algunhas das cousas que nos diferencia fisicamente ós homes das mulleres? O pene e os testículos.
Coloquialmente, os testículos tamén son coñecidos como os "güevos, huevos, collóns" pola súa semellanza; en galego, a tradución literal serían ovos. ¿Qué se necesita para facer unha tortilla? ovos; ¿Qué se fan cos ovos para facer a tortilla? romperlle a cáscara para posteriormente batilos. ¿Por qué ás lesbianas se lles chaman tortilleras? Porque non lles gostan os ovos e unha manifestación metafórica é rompelos e batilos. "Así me lo aprendí yo xD"

¿Que che pareceu o achuriZamenTo?
¿Tes algunha pregunta á que non atopas solución e queres que nos a busquemos?
Deixanos un comentario e a ver que pasa.correcto

♥ FraSeS MíticaS: De cambios e comezos...

Comeza facendo o que é necesario, despois o que é posibel e de supeto estarás facendo o imposibel.
San Francisco de Asís.

Ser mellor equivale a ter cambiado moitas veces.
Newman.

Todos queren cambiar o mundo, pero ninguen pensa en cambiarse así mesmo.
León Tolstoi.

Debes ser o cambio que desexas ver no mundo.
Mohandas Karamchand Gandhi.
Decide a mellor frase desta semananos comentarios.correcto

Domingo, 25 de Xuño de 2006.

♥ Explicación dos XabaTuboS.

Comezamos co primeiro XabaTubo. Como non podía ser doutra forma, os XabaTubos tiñan que comezar así.

Os XabaTuboS é unha sección que ocorreuseme cando ,navegando por Youtube.com decaiteme do pouco material da TvG que se pode atopar e ainda peor, de que só puiden atopar uns poucos videos musicais dos míticos videos do Xabarín (Eses que botan nos anuncios).
Cancións boas,malas e peores que foron simbolo da nosa mocidade e que seguen sendo ainda agora da mocidade galega na actualidade.
Por este motivo decidinme a ripear a totalidade dos videos musicais do Xabarín e ofrecervo.los en sesións de dous en dous durante os domingos futuros.


¿Que che parece o dos XabaTuboS? Deixa comentario.correcto

♥ Eu Confeso: De olvidos e preguiza.

Eu confeso que fun fai máis de 2meses a Nicetrip , encarguei un peto de bebe para miña primiña e quedei en ir o día seguinte por el. (joss)Ainda non puiden pasar por el.Camiñando

Eu acuso a Isra de ser vagodemerda e non ir corrercoelliño polo paseo maritimo nin dúas veces comigo (polo cal non puiden voltar a tenda)ruborizo.

Desezas confesar algo? Queres acusar a alguén?
Ademáis, califica o confeso/acuso de 0a10.
Todo nos comentarioscorrecto.

Sábado, 24 de Xuño de 2006.

♥ EvoluMundo: Chemineas e catalizadores.

Os turismos actuais contan cun catalizador no tubo de escape. É un "dispositivo que mediante reaccións químicas transforman, gases tóxicos ou noxentos noutros que non o son". ¿Por qué non facer o mesmo nas chemineas das fábricas?



A proposta é ben sinxela, un catalizador xigante para as chemineas que desprenden fumes tóxicos; non os transforma en fumes no tóxicos, se non en menos tóxicos. E posto que a capa de ozono resíntese polo desprendemento deste fume noxento, fagamos que as consecuencias sexan menos gráveis, tanto para nós, como para o que nos rodea.

♥ Molans e non molans (Do 1 ao 5).

Non mola: fumar con hipo.
Non mola: ir a coller o bus, prender un cigarro e ter que tiralo porque xa chega o bus.
Mola: ir sentado no bus e ver como se peta e ti estar sentado mentras que os demáis van de pe.
Mola: cando está o ascensor abaixo e non tes que esperar por el.
Mola: subir ó ascensor sen esperar á xente que está abrindo o portal.

Elixe o mellor mola e o non mola desta semana e propon outros, todo nos comentarios.correcto